CRTVG

Buscar

Galicia disporá de 366 millóns do reparto autonómico do Fondo Europeo Marítimo de Pesca

Publicado o 22/07/2021 21:05

Nunha conferencia sectorial de pesca que se celebrou telematicamente, as comunidades autónomas e o Goberno central acordaron a repartición dos 735 millóns de euros que destina ás autonomías o novo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura. Para Galicia, 366 millóns nos próximos seis anos, algo máis da metade do total, que é o que representa o sector galego en España.

Ademais, Galicia demandou que as entidades investigadoras galegas poidan beneficiarse dos fondos destinados a investigación, como xa ocorre coa vasca AZTI. E unha segunda cuestión importante que presentou o Goberno galego é que tamén haxa fondos para enfrontar paradas temporais no Cantábrico se fosen necesarias. Agora só está previsto dotalas de cartos no Mediterráneo e no Golfo de Cádiz.

Noticias web

22/07/2021