CRTVG

Buscar

Galicia, posible destino doutros 48 turoperadores de dez países distintos

Publicado o 09/06/2019 13:35

Corenta e oito turoperadores de distintas cidades de España e doutros dez países do mundo achegáronse ata Compostela, logo de visitar a Mariña, para incorporar Galicia dentro da súa oferta turística.

Viñeron coñecer a oferta de empresas hostaleiras, de turismo e de restauración galegas e as posibilidades do Camiño de Santiago, para logo incorporalas nas propostas de viaxes que lles farán aos seus clientes, en Madrid e no País Vasco ou en países como Alemaña, Brasil, Finlandia, Estados Unidos, Rusia ou Suíza.

"Atraer a ese cliente dunhas condicións económicas medio-altas, para elo temos unha hotelería moi boa en toda esta zona. E ensinarlles tamén a enogastronomía e dos restaurantes sobran as palabras, aquí en Galicia hai de todos os tipos e con calidade".

"Santiago é a excelencia de Galicia, por dicilo así. Todo o peregrino que fai o Camiño de Santiago acaba aquí, pódelo facer se eres relixioso, se non eres relixioso, ao final é unha experiencia, axúdache a coñecerte a ti mesmo. Xa vedes que en Galicia fai sol, que non chove como din sempre"...

A Bolsa de Contratación do Salón Turístico de Galicia (Turexpo) desenvolveu a súa novena edición, esta fin de semana, e reuniu 48 turoperadores de España e doutros dez países. Ademais dun percorrido pola Mariña lucense, paseando por Viveiro e Mondoñedo, remataron a súa visita polas rúas de Compostela.

Noticias web

09/06/2019