CRTVG

Buscar

A Xunta propón aliviar o confinamento con exercicio ao aire libre desde o luns

Publicado o 25/04/2020 12:58

Galicia despregará o seu plan para ir saíndo pouco a pouco á rúa, segundo anunciou o presidente da Xunta na conferencia de prensa posterior ao Consello.

A desescalada anunciada por Feijóo inclúe permitir desde a próxima semana unha hora de exercicio ao aire libre. Iso si, individual.

O Goberno galego tamén lle vai propoñer ao central reabrir talleres e concesionarios de coches e permitir a venda de produtos agrícolas. Estuda, ademais, a apertura do comercio mediante cita previa. Ademais, aspira a reactivar as obras de rehabilitacion nos edificios, sempre que se garantan as medidas de seguridade.

Alberto Núñez Feijóo levará esta proposta de desescalada en Galicia á conferencia de presidentes deste domingo.

É a proposta de desescalada da Xunta nun momento en que a pandemia comeza a estabilizase.
Como o impacto é moi diferente segundo os territorios, varias comunidades tamén están a preparar a fin do confinamento.

Noticias web

25/04/2020