CRTVG

Buscar

Feijóo cre que o razoable é poñer a segunda dose de AstraZeneca a quen xa ten a primeira

Publicado o 18/05/2021 14:18

O presidente da Xunta lembra que a Axencia Europea do Medicamento cre que o razoable é poñer a segunda dose de AstraZeneca a quen xa ten a primeira. E esa será a posición que defenda tamé Galicia ante o ministerio.

"Respectamos moito a decisión do Ministerio (de Sanidade), pero sorprende que haxa unha diverxencia entre a Axencia Europea do Medicamento e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Cremos que nas circunstancias actuais debe administrarse a segunda dose de AstraZeneca a aqueles que lles administramos a primeira", defendeu Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

18/05/2021