CRTVG

Buscar

Galicia dá un paso cara á normalidade cun alivio das restricións

Publicado o 18/09/2021 21:58

Con menos de cen contaxios este sábado, Galicia entrou no nivel mínimo de restricións, o que supón unha relaxación das medidas. O número de persoas que pode reunirse arredor dunha mesa nos bares e restaurantes amplíase a oito, nas terrazas poden xuntarse ata quince non conviventes. No ámbito privado non hai limites de reunión.

As discotecas están abertas ata as tres da mañá pero si se pode continuar paseando de madrugada con amigos pola rúa. E é que as restricións ás reunións nocturnas de non conviventes quedaron sen efecto. Con todo, as autoridades sanitarias lembran que os botellóns son ilegais e a poboación chama a manter a garda.

A excepción é o concello de Monforte de Lemos. Con 116 novos contaxios nos últimos 14 días, 30 deles na última semana o municipio lugués mantense no nivel medio de restricións. A veciñanza fai un chamamento á responsabilidade para poder despedir esta quinta vaga con maiores liberdades de reunión.

Noticias web

18/09/2021