CRTVG

Buscar

Galicia critica o novo repartimento do Plan concertado, que achega fondos para financiar servizos sociais

Publicado o 30/04/2021 14:50

O Goberno galego critica os novos criterios de distribución do Plan concertado. A conselleira de Política Social trasladoulle o desacordo á nova ministra, Ione Belarra, na súa primeira reunión do Consello de Asuntos Sociais.

O Plan concertado permite que as autonomías colaboren no financiamento dos servizos sociais dos concellos. Co novo repartimento, decidido polo Goberno central, Galicia é a comunidade autónoma que máis perde, ao percibir un dous por cento menos dos fondos.