CRTVG

Buscar

Galicia continúa reducindo a presión nas UCI; os casos activos mantéñense estables

Publicado o 02/06/2021 10:10

• Baixan os casos só nas áreas da Coruña e Pontevedra

• Soben as hospitalizacións en planta, pero baixan nas UCI

Galicia continúa reducindo a presión nas UCI; os casos activos mantéñense estables

Estabilízase a baixada de casos activos, aínda que a presión nas UCI continúa baixando. Hai 2.206 persoas con coronavirus, segundo os últimos datos do Sergas, dúas menos ca onte, tras 82 novos contaxios detectados.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 361 (-6)

Ferrol: 103 (+8)

Lugo: 268 (+6)

Ourense: 164 (=)

Pontevedra: 248 (-14)

Santiago: 400 (+4)

Vigo: 662 (=)

Sobe a presión en planta, baixa nas UCI

No que respecta á situación nos hospitais, houbo unha pequena repunta nos ingresos en planta respecto a onte. Hai en total 111 persoas ingresadas (+2): 90 en planta e 21 nas UCI (-4). Son os mellores datos relativos aos coidados intensivos galegos dende o seis de setembro.

A pandemia deixa 2.420 vítimas mortais en Galicia, tras notificar onte o Sergas un deceso por mor da doenza.

Baixa a positividade

Das 5.312 probas PCR realizadas (+1.609) deron positivo tan só 78, o que revela unha taxa de positividade de 1,47 %, máis dun punto menos respecto a onte. Galicia mantén a súa positividade por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS -5 %- dende mediados de febreiro.

Mapas de incidencia por concellos