CRTVG

Buscar

Galicia contará con medios para poñer en marcha a protonterapia

Publicado o 22/10/2021 14:50

Galicia vai ser unha das sete comunidades que conte cos medios necesarios para poñer en marcha a protonterapia no tratamento dos tumores. Ata un hospital da provincia da Coruña chegará froito dese convenio que acaban de asinar o goberno e a fundación Amancio Ortega, unha desas 10 unidades para realizar este tipo de terapia.

Segundo os especialistas, case un 70 por cento dos pacientes con cancro necesitan nalgún momento da súa evolución da radioterapia. E os protóns, fronte aos sistemas tradicionais, reducen de maneira significativa os tratamentos innecesarios en tecidos sans, algo especialmente beneficioso á hora de falar do cancro infantil. Ademais de resultar unha alternativa eficaz en caso de tumores para os que a radioterapia convencional non resulta efectiva e a nin tampouco a cirurxía.

 

 

Noticias web

22/10/2021