Galicia cifra en 30 millóns o impacto económico que tería no sector pesqueiro a redución de cotas que Bruxelas propón para 2021
Galicia cuantificou o impacto económico que terían os recortes nas cotas que a Unión Europea propón para 2021. A consellería do Mar cifrou as perdas para o sector pesqueiro galego en 30 millóns de euros. Unha situación "moi preocupante", dixo Rosa Quintana, que recordou que aínda queda por ver que ocorre cos caladoiros do Gran Sol e de Francia que están pendentes das negociacións do brexit.
"España non pode asumir esta proposta. Nós fixemos unha valoración do impacto social e económico que significan os recortes propostos pola Comisión Europea. A Galicia suporíanlle máis de trinta millóns de euros, e que é difícil de entender. Se nos referimos ao impacto que ten na tripulación, estamos falando, só en Galicia, dun impacto sobre 2.300 tripulantes", di Rosa Quintana, conselleira do Mar.