Falece por coronavirus un home de 66 anos que estaba ingresado no CHUAC
• Os casos activos sitúanse nos 2.306, ao rexistrarse 158 máis este domingo
• O número de hospitalizados sobe lixeiramente (+3) e o total sitúase en 66 | Sen novos positivos no gromo do Incio

Nas últimas horas informouse da morte dun home de 66 anos que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número total de falecidos ascende en Galicia a 633.
Dende o 7 de agosto faleceron 14 persoas, segundo os datos de Sanidade https://t.co/LvVsd5MBuo pic.twitter.com/cTL9JPQtLQ
— G24 (@G24Noticias) August 23, 2020
O número de casos activos ascende a 2.306 en Galicia. Isto supón 158 casos máis con respecto aos datos do sábado. Por áreas sanitarias, A Coruña conta con 1.207 (+40) casos, con 304 (+26) Lugo, 203 (+8) Ourense, 120 (+24) Pontevedra, con 154 (+11) a área de Vigo, 212 (+40) a de Santiago, e 106 (+9) a de Ferrol.
No tocante a hospitalizacións hai 10 persoas na UCI, 66 en unidades de hospitalización, 3 máis ca onte. Por outra banda, 2.230 persoas recupéranse nos seus domicilios. Polo de agora realizáronse 302.859 probas PCR e curáronse un total de 11.889 persoas.