Galicia brilla en Pontevedra con oito medallas
Publicado o 14/01/2019 17:49
E Pontevedra pechou tres días de espectáculo cos campionatos de España de ciclocrós. Cunha enorme afluencia de público. E con éxitos para o ciclismo galego. Isabel Castro colgou o ouro na proba máster feminina.
Antes dobrete de Carlos Canal e Iván Feijoo en júnior e sub23. E con eles o sorriso dos campionatos no podio. Borja Gómez. Un corredor con capacidades diferentes que por segundo ano completou a proba en categoría júnior. Iván Feijóo logrou o título en sub23 superando ao esprinte o catalán Cullell. Feijóo estará no mundial.
Como Carlos Canal, que foi quen de reeditar o triunfo do ano pasado en Legaspi. Deixou sen opción o cántabro Gonzalo Inguanzo.