CRTVG

Buscar

Galicia baixa dos 3.000 casos activos de covid por primeira vez en case sete meses

Publicado o 12/03/2021 10:12

• Redúcese a presión hospitalaria (-18) ata niveis de finais de 2020

Galicia baixa dos 3.000 casos activos de covid por primeira vez en case sete meses

A terceira vaga continúa remitindo cun ritmo de baixada estable. Hai 2.931 casos de covid-19 en Galicia (-161), segundo os últimos datos do Sergas. Detectáronse 167 novos positivos, 133 deles a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición é:

A Coruña: 1.106 (-27)

Vigo: 532 (-11)

Pontevedra: 342 (-42)

Santiago: 314 (-10)

Lugo: 210 (-26)

Ferrol: 227 (-31)

Ourense: 199 (-14)

Baixa a presión hospitalaria

No tocante aos datos de hospitalizacións, hai 330 persoas ingresadas (-18): 257 en planta (-14) e 73 nas UCI (-4). Sitúase así nos niveis de finais de decembro do 2020, antes da forte repunta posterior ao Nadal.

Onte o Sergas notificou o pasamento de cinco persoas por mor da covid-19 nas últimas 48 horas. Así, van 2.289 vítimas da doenza no país no que vai de pandemia.

A positividade mantense baixa

Das 6.101 probas PCR realizadas (-1.130), deron positivo 133. Isto supón un 2,18 % de taxa de positividade, moi afastado do 5 % marcado como limiar máximo da OMS.

 

Mapas de incidencia por concellos