CRTVG

Buscar

Galicia baixa dos 2.200 casos activos e sitúase en cifras de agosto

Publicado o 03/06/2021 10:47

• Non hai tan poucas persoas na UCI por covid dende o 6 de setembro

• Só soben os casos na área sanitaria de Ferrol (+11) e Lugo (+1)

Galicia baixa dos 2.200 casos activos e sitúase en cifras de agosto

Continúa mellorando a situación epidemiolóxica en Galicia. Segundo o Sergas, hai 2.156 persoas diagnosticadas con covid-19, 50 menos ca onte. É a cifra máis baixa dende o 21 de agosto.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 357 (-4)

Ferrol: 114 (11)

Lugo: 269 (+1)

Ourense: 164 (=)

Pontevedra: 247 (-1)

Santiago: 370 (-30)

Vigo: 635 (-27)

Mellora nos hospitais

Tamén se reducen as cifras relativas á ocupación hospitalaria por pacientes covid, aínda que son baixadas pouco significativas. Hai en total 107 persoas ingresadas por mor desta doenza: 87 en planta (-3) e 20 nas UCI (-1). Son as mellores cifras relativas a coidados intensivos dende comezos de setembro.

O Sergas comunicou onte dous falecementos por mor da doenza, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia no país a 2.422.

Sobe lixeiramente a positividade

No que respecta á positividade, a taxa aumenta unn pouco respecto a onte -de 1,47 % a 2,10 %-. É o valor que sae ao dar positivo 107 persoas das 5.179 que se someteron a unha proba PCR.

 

Mapas de incidencia