CRTVG

Buscar

Galicia baixa ata os 2.400 casos activos de covid e volve reducir a presión asistencial

Publicado o 28/05/2021 10:05

• Descenden os casos nas áreas da Coruña (-15), Vigo (-10) e Pontevedra (-19)

• Os ingresados por covid-19 caen ata os 121, a cifra máis baixa dende finais de agosto

Galicia baixa ata os 2.400 casos activos de covid e volve reducir a presión asistencial

Sexta xornada consecutiva con descenso de casos activos. Galicia baixa ata os 2.400 casos de covid-19, segundo os últimos datos do Sergas. Son 20 menos ca onte, logo de detectárense 145 positivos a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 446(-15)

Vigo: 712 (-10)

Ourense: 196 (+5)

Santiago: 442 (+3)

Lugo: 233 (+11)

Pontevedra: 291 (-19)

Ferrol: 80 (+5)

Lixeira mellora en planta

Tamén nos hospitais galegos a situación segue melorando. Hai 121 persoas ingresadas por mor da covid-19 (-3): 93 en planta (-3) e 28 nas UCI, o mesmo número que onte. Son os valores globais máis baixos dende finais de agosto.

Ademais, onte o Sergas non notificou ningún falecemento provocado pola doenza, polo que a cifra de vítimas no que vai de pandemia é de 2.415.

Arredor do 2 %

A taxa de positividade baixa lixeiramente ata o 2,10 %, tras o positivo de 145 personas entre as 6.942 probas PCR realizadas. Galicia mantense así dende hai máis de tres meses por debaixo do máximo recomendado pola OMS do 5 %. 

 

Mapas de incidencia por concellos