CRTVG

Buscar

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco alíanse para impulsar o camiño do norte

Publicado o 17/06/2019 14:39

Di o refraneiro popular que a unión fai a forza, e iso semella que foi o que pensaron as patronais turísticas de Galicia, Asturias, País Vasco e Cantabria. As catro comunidades aliáronse para impulsar unha plataforma que aglutina 202.500 empregos en hostelería, aloxamento e restauración. O obxectivo é vender os produtos turísticos como un só territorio.

Unha das grandes ideas desta asociación turística é impulsar a nivel internacional o proxecto peregrinos polo norte de hotel en hotel. Polo momento xa se adheriron a esta iniciativa preto de 160 hoteis, que ofrecen servizos exclusivos aos peregrinos.

A alianza tamén busca solucións a problemas comúns ás catro comunidades, como a conectividade a Internet no medio rural ou a flexibilización do control horario dos traballadores para ser máis competitivos.

Noticias web

17/06/2019