CRTVG

Buscar

O comité clínico podería ampliar os niveis de ocupación a vindeira semana

Publicado o 02/10/2021 14:06

A apertura de pubs e discotecas, que xa non está vencellada á situación epidemiolóxica de cada concello, e a boa evolución da pandemia sitúan a Galicia ás portas da chamada nova normalidade. Será unha vida máis semellante á de antes da aparición da covid-19, sen restricións horarias nin de mobilidade, pero con máscara e mantendo as distancias.

O comité clínico da próxima semana podería decidir ampliar os niveis de ocupación dos locais e relaxar aínda máis as limitacións que seguen vixentes. Xa non se medirá a incidencia do virus a 7 e 14 días e as autoridades sanitarias centraranse en cortar os gromos puntuais que poidan ir xurdindo.

Noticias web

02/10/2021