CRTVG

Buscar

Galicia alcanza os 2.400 casos activos, pero mantén estable a presión asistencial

Publicado o 14/04/2021 10:11

• Son cifras que non se vían dende hai case tres semanas

• As hospitalizacións manteñen a lixeira tendencia á baixa

Galicia alcanza os 2.400 casos activos, pero mantén estable a presión asistencial

Os casos activos levan preto dunha semana en ascenso. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.400 persoas infectadas de coronavirus no país, 18 máis ca onte, tras detectárense 158 positivos, 133 a través de PCR. Galicia conseguira baixar do limiar dos 2.400 hai case tres semanas.

Por áreas sanitarias, os casos repartiríanse así:

A Coruña: 599 (-16)

Vigo: 615 (+11)

Ourense: 192 (+7)

Santiago: 367 (=)

Lugo: 169 (=)

Pontevedra: 366 (+9)

Ferrol: 92 (+7)

Estabilidade con tendencia á baixa

A situación nos hospitais galegos mantense semellante á dos últimos días, cunha lixeira baixada nas camas ocupadas por pacientes críticos. Hai 184 pacientes ingresados (-1): 26 nas UCI (-3) e 158 en planta (+2).

Unha morte dun home de 60 anos no CHUO elevou onte a cifra de vítimas da pandemia a 2.370.

Baixa a positividade

Tras una pequena repunta na taxa de positividade onte, hoxe os valores apuntan na dirección das cifras que levan rexistrándose nos últimos dous meses. Fixéronse 6.708 probas PCR, 198 máis ca onte, das cales deron positivo 133. Isto deixa unha taxa de positividade do 1,98 %, moi por debaixo do 5 % máximo recomendado pola OMS.

Mapas de incidencia por concellos

Consulta aquí tamén o novo mapa de restricións.