CRTVG

Buscar

Galicia administrará 38.000 doses de Pfizer este mércores, tras vacinar 40.000 persoas nas últimas 24 horas

Publicado o 20/04/2021 20:51

Segundo un estudo realizado polo Sergas, a taxa de positividade redúcese case á metade nas persoas que recibiron unha dose da vacina e en preto do 90 % nas que recibiron as dúas doses. Boas cifras e nas ringleiras do Gaiás en Santiago, moita satisfacción.

A mensaxe que lanzan os profesionais sanitarios é rotunda respecto ás dúbidas xeradas nas últimas semanas: as vacinas son eficaces e seguras. Así o explicaba Paula Boga, supervisora da área de Medicina Preventiva: "A vacina é moi segura. A posibilidade de trombos é moi baixa".

Aínda así, hai algún que chega nervioso despois de tanta ida e volta coas vacinas. E outros confían relativamente ata ver os resultados nun futuro.

ExpoCoruña na cidade herculina ou Ifevi en Vigo son outros dos espazos de vacinación masiva que acolleron milleiros de inoculacións. Non menos importante é a vacinación que levan a cabo outros espazos coma ambulatorios ou centros de saúde. 40.000 galegos máis xa quedaron inmunizados nas sete áreas sanitarias de Galicia.

Noticias web

20/04/2021