CRTVG

Buscar

Galicia activa a aplicación Radar Covid

Publicado o 16/09/2020 19:45

Galicia xa ten activada a aplicación de rastrexo Radar Covid impulsada polo Goberno central. Operativa en catorce autonomías, pode utilizarse a partir de hoxe na nosa comunidade. A ferramenta, similar á que se puxo en marcha en Alemaña ou Italia, avisa se a persoa usuaria do teléfono estivo preto dalgún caso positivo en coronavirus. A aplicación emprega a conexión Bluetooth e envía unha alerta anónima aos contactos estreitos.

A aplicación Radar Covid emprega a conexión Bluetooth dos terminais para detectar contactos estreitos de casos confirmados de covid-19, recoñece os dispositivos que estiveron a menos de dous metros de distancia nos 14 días anteriores e durante máis de 15 minutos.

Cando unha persoa é diagnosticada de covid-19 pode alertar de maneira anónima a través da aplicación cun código alfanumérico que lle proporcionarán as autoridades sanitarias. A aplicación enviará unha alerta anónima a todos os seus contactos estreitos, alertaraos de que estiveron en contacto cun positivo e facilitaralles as instrucións necesarias para que saiban como actuar.

Noticias web

16/09/2020