CRTVG

Buscar

Galicia achégase aos 3.000 casos activos logo dunha repunta dos novos positivos

Publicado o 23/04/2021 10:10

• Só baixan os casos nas áreas de Santiago e Lugo

• Hai máis persoas nas UCI, pero menos en planta

Galicia achégase aos 3.000 casos activos logo dunha repunta dos novos positivos

A curva de casos activos segue mantendo a súa tendencia ao ascenso, aínda que, polo de agora, con subas inferiores ás que se viron nas vagas anteriores.

Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.939 persoas contaxiadas de covid-19 en Galicia, 64 máis ca onte, tras 253 novos positivos, 226 confirmados por PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 728 (+29)

Vigo:823 (+34)

Ourense: 263 (+2)

Santiago: 339 (-11)

Lugo: 210 (-1)

Pontevedra: 466 (+5)

Ferrol: 110 (+6)

Descenso dos hospitalizados en planta

No que respecta aos hospitais, a situación é semellante á de onte. Increméntase o número de pacientes ingresados nas UCI ata 43 (+2), mais redúcese o de persoas en planta en 7, ata baixar a 156.

O deceso dunha muller de 83 anos no Hospital da Mariña eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia no país a 2.379.

Máis positivos por PCR dende febreiro

Aumentou o número de probas PCR que se están a realizar. Das 8.352 (+1.171), deron positivo 226, a cifra máis alta dende o 27 de febreiro. Isto deixa unha taxa de positividade do 2,71 %.

Mapas de incidencia por concellos