CRTVG

Buscar

Galicia achégase aos 14.000 casos tras detectárense case 1.500 positivos nun só día

Publicado o 22/07/2021 10:10

• É a maior cifra de contaxios dende xaneiro, en plena terceira vaga

• As hospitalizacións mantéñense estables, cun ingreso máis nas UCI

Galicia achégase aos 14.000 casos tras detectárense case 1.500 positivos nun só día

Logo de catro días, Galicia volve aumentar os seus casos activos a un ritmo superior ao milleiro diario. Hai 13.963 persoas con covid−19 no país, 1.074 máis ca onte, tras detectárense 1.483 novos positivos —case catrocentos máis respecto aos de onte.

Hai preto dun mes comezou lentamente a quinta vaga. Os datos daquela eran ben distintos: 1.274 casos activos e tan só 48 persoas ingresadas (35 en planta e 15 nas UCI).

Por áreas sanitarias a repartición dos casos é a seguinte:

Vigo: 3.165 (+256)

Pontevedra: 2.485 (+227)

A Coruña: 2.371 (+157)

Ourense: 2.285 (+104)

Santiago: 1.721 (+141)

Lugo: 1.364 (+123)

Ferrol: 572 (+66)

Os novos casos detéctanse de xeito moi parello nas tres áreas máis afectadas: a de Vigo, a de Pontevedra e a da Coruña. Só as áreas de Lugo, Santiago e Ferrol permanecen por debaixo do limiar dos 2.000 positivos, esta última a única que non pasa dos 1.000.

Estabilidade nas hospitalizacións

As cifras relativas a pacientes ingresados pola covid−19 en Galicia son semellantes ás de onte. Hai 175 persoas hospitalizadas: 153 en planta (=) e 22 nas UCI (+1).

Onte non se notificaron pasamentos por mor da doenza, polo que a cifra de vítimas no país segue sendo 2.443.

Mapas de incidencia