CRTVG

Buscar

Galicia, a única comunidade que gañaba poder adquisitivo antes da pandemia e continúa á alza, segundo Adecco

Publicado o 06/09/2021 16:16

Galicia é a única autonomía do estado onde o salario gañou poder de compra o ano pasado, e a día de hoxe mantén a tendencia, segundo datos do monitor Adecco.

En termos monetarios esa ganancia é o equivalente a 748 euros anuais, porque o incremento hai un ano foi do 1,5% e agora é do 4,1%, que ademais é o segundo maior incremento entre todas as comunidades. Este comportamento é aínda mellor que o vivido a nivel nacional, onde a ganancia apenas chega aos 350 euros anuais.

Ademais disto, os datos do segundo trimestre do ano analizados no monitor Adecco tamén sitúan Galicia como a sexta mellor autonomía para traballar en todo o Estado.

Noticias web

06/09/2021