CRTVG

Buscar

Galicia, á cabeza na vacinación dos mozos de 12 a 19 anos, con polo menos unha dose

Publicado o 28/08/2021 19:20

• Supera en 15 puntos a media española nesta franxa de idade

• Xa son mais de dous millóns os galegos inmunizados

Galicia é a comunidade que está a cabeza na vacinación con polo menos unha dose administrada entre os mozos de 12 a19 anos. O 82,4 % desta poboación conta xa cunha dose, 15 puntos por riba da media nacional. Pero é que ademáis a comunidade supera xa a barreira dos dous millóns de persoas inmunizadas.

Isto significa que o 81 % da "poboación diana" xa ten as dúas doses. Amáis, 9 de cada dez galegos ten polo menos unha dose posta. Para completar o plan de inmunización en Galicia, está aberto desde onte o sistema de autocita para todas as persoas que aínda non acudiron vacinarse.

Había 55.000 ocos dispoñibles, 25.000 para os mozos de 12 a 19 anos, e 30.000 citas para maiores de 20. A cita pódese pedir na páxina web do Sergas, na aplicación móbil e tamén por teléfono.

Noticias web

28/08/2021