CRTVG

Buscar

Galicia, á cabeza de doazóns e transplantes de ril

Publicado o 11/03/2021 17:18

Coma cada segundo xoves de marzo desde 2006, hoxe celébrase o Día Mundial do Ril, unha xornada concibida para concienciar da importancia de detectar precozmente as enfermidades renais. O éxito dos transplantes neste campo é un feito, e Galicia vai á cabeza tanto de doazóns como de operacións.

España lidera a listaxe do mundo de doantes e transplantes e en Galicia as taxas están por riba da media nacional. E iso que a covid-19 afectou moi seriamente as intervencións porque coas UCI saturadas pola pandemia, non houbo lugar para os transplantes. Tras unha forte caída na primeira onda, no verán chegou a recuperación pero a principios de ano volveuse atrás coa terceira onda.

Foi un revés para os transplantes en xeral e para os de ril en particular pois os de doante vivo quedaron totalmente suspendidos e os de falecidos moi minguados.

Delia, que naceu cunha enfermidade renal, foi transplantada en dúas ocasións, na primeira a doante foi súa nai pero da segunda vez foi unha doazón anónima realizada pola familia dun falecido.

Noticias web

11/03/2021