O Sergas non rexistra mortes por covid-19 na xornada con menos ingresos desde agosto
• Soben os casos nas áreas sanitarias de Santiago, Pontevedra e Ferrol

Mellora a situación da pandemia en Galicia respecto a onte. Segundo o Sergas, hai 2.744 persoas con covid-19 no país, 61 menos ca onte, tras 128 novos positivos, dos cales 108 foron confirmados a través dunha PCR.
Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:
A Coruña: 598 (-7)
Vigo: 817 (-26)
Ourense: 221 (-2)
Santiago: 443 (+8)
Lugo: 169 (-10)
Pontevedra: 443 (+8)
Ferrol: 84 (+3)
Melloría nos hospitais
Segundo os últimos datos do Sergas, o balance dos hospitais galegos no que respecta á covid-19 é favorable. Hai 162 persoas ingresadas: 124 en planta (-15) e 38 nas UCI (+1). Son as cifras globais máis baixas dende o 31 de agosto.
Onte o número de vítimas por mor da pandemia no país aumentou en catro, ata acadar a cifra das 2.409 persoas falecidas. Na xornada de hoxe, o Sergas non notificou ningún falecemento por mor da doenza.
Sobe a positividade
Lixeiro incremento da taxa de postividade, logo de que deran positivo 108 probas PCR, das 4.584 realizadas onte (-714). Así, esta ascende ata o 2,36 %