CRTVG

Buscar

Gajser aproveita a ausencia de Prado para gañar con facilidade en Lommel

Publicado o 25/10/2020 15:49

A ausencia de Jorge Prado, infectado con coronavirus, foi aproveitada polo líder do mundial de Motocross Tim Gajser para gañar con facilidade as dúas carreiras en Lommel.

Deste xeito aumenta a súa vantaxe á fronte dun campionato que ten na man. A peor nova para Jorge Prado foi o terceiro posto de Antonio Cairoli na primeira das carreiras. O italiano, malia que fallou na segunda carreira, estaba moi preto de Prado na loita pola segunda posición.

Tamén sumou moitos puntos o francés Febvre, segundo nas dúas mangas. 

Noticias web

25/10/2020