Gadisa logra un récord de 88,4 millóns de beneficios, antes da covid
Publicado o 19/08/2020 14:42

Novo récord de beneficios en Gadisa. A empresa galega de alimentación obtivo 88,4 millóns de ganancias no seu último exercicio.
O grupo da familia Tojeiro supera así os 88 millóns de beneficio do exercicio anterior. Ingresaron máis de 1.100 millóns polo negocio de supermercados. Reganosa achega 16 millóns de beneficio.
Son datos do ano pasado, anterior á irrupción do coronavirus, que fixo aumentar as vendas en marzo e abril, e disparou o consumo en liña.