CRTVG

Buscar

Gabriel Marcelli, campión do mundo de trial, na categoría TR2

Publicado o 23/09/2019 16:32

Outro galego, ademais de Jorge Prado, é campión do mundo: Gabriel Marcelli, de 19 anos, campión de trial, na categoría TR2.

O piloto do Rosal venceu nesta última proba, disputada na localidade valenciana de La Nucía e logrou o título por diante do italiano Matteo Grattarola.

O próximo ano, Marcelli dará o salto á categoría raíña do trial onde agarda o grandísimo Toni Bou e Adam Raga.

 

 

Noticias web

23/09/2019