CRTVG

Buscar

Futsi e Pescados Rubén Burela disputarán a final polo título de liga

Publicado o 12/06/2021 17:22

O segundo triplete consecutivo está a só 40 minutos. O Burela soña con outra temporada perfecta co título de liga, que se sumaría á Copa e Supercopa. Estará na gran final logo de derrotar ao Roldán nun partido máis igualado do que indica o 5-1 final. Iso si, case sempre mandaron as galegas. Primeiro co 1-0 anotado por Leticia Martín. Marta Pelegrín igualou para o Roldán cun envelenado lanzamento de falta.

Cada partido ten os seus momentos e un deles foi a un minuto de final, cando apareceu a calidade de Peque para iniciar e definir logo de apoiarse na súa compañeira Cami.

Na segunda parte, o Roldán tivo que cometar moitas falñtas para frear o ataque burelao, e así castigárono as galegas desde os 10 metros. Jane Marques logrou o 3-1 a sete minutos do final. Peque aproveitou un erro no xogo de cinco para catro para marcar a porta baleira e, xa nos últimos segundos, Jane volveu definir cun lanzamento directo sen barreira.

A liga decidirase entre os dous de sempre. Futsi Navalcarnero, que derrotou ao Alcorcón por 5-2 e Pescados Rubén Burela volverán escribir un novo capítulo da súa épica loita.

Noticias web

12/06/2021