CRTVG

Buscar

Furtivos de Cabo de Cruz ameazan de morte e agriden por segunda vez en 4 días os gardas rurais

Publicado o 08/06/2021 14:21

A última agresión dos furtivos aos gardas rurais producíase onte á tardiña nesta praia de Esteiro, en Cabo de Cruz, onde dous homes estaban a coller marisco de xeito ilegal. Un dos ataques prodúcese tras esta imaxe na que un deles lanza a rasqueta e os axentes van recollela.

"Cando o compañeiro tiña a rasqueta quixo quitarlla e tivemos que usar o sprai de defensa para evitar a agresión", di o garda rural.

Pouco despois, mentres gravaban as probas, comezaron as amezas e o lanzamento de pedras. O garda rural da Confraría de Cabo de Cruz que combate o furtivismo na primeira liña di que as condutas agresivas son constantes. Cre que, se estiveran recoñecidos como autoridade, os furtivos os respectarían máis. Aseguran que, malia todo, non van retroceder un paso porque do seu traballo depende o sustento dos mariscadores.

Noticias web

08/06/2021