A familia real británica dálle o seu derradeiro adeus a Filipe de Edimburgo
O castelo de Windsor foi o escenario dunha cerimonia solemne pero íntima, restrinxida polas medidas que obrigan a manter distancia física, para despedir o duque de Edimburgo, falecido aos 99 anos.
O funeral polo duque de Edimburgo, consorte da raíña Isabel II, celebrouse este sábado na capela de San Xurxo, adxacente ao castelo de Windsor, tras un minuto de silencio en memoria do príncipe Filipe.
O coche fúnebre chegou ao templo flanqueado por representantes de diferentes rexementos militares e seguido polos seus catro fillos en primeira liña, tras unha procesión duns 15 minutos desde o castelo antes de comezar a cerimonia, con só 30 invitados. Na súa honra gardouse un minuto de silencio en todo o Reino Unido, anunciado ao comezo e ao final por un disparo de canón, antes da entrada do cadaleito na capela real.