Funeral en Pontevedra pola irmá de Mariano Rajoy
Publicado o 16/12/2019 20:14
Na tarde deste luns celebrouse en Pontevedra o funeral por Mercedes Rajoy, irmá do ex-presidente do Goberno.
Á misa, no cemiterio de San Mauro, asistiron o líder do PP, Pablo Casado, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Mercedes Rajoy recibira sepultura a mediodía no cemiterio de San Mauro. Pola súa capela ardente pasaron numerosos políticos, como Soraya Sáenz de Santamaría ou Ana Pastor, e amigos persoais, como o ministro Grande-Marlaska.
Mercedes Rajoy tiña 62 anos, era rexistradora da propiedade e estaba casada co eurodeputado galego do PP Francisco Millán Mon.