CRTVG

Buscar

Funcas avisa de que a "complexidade" do plan de axuda a empresas pode atrasar os pagamentos

Publicado o 30/03/2021 17:08
Funcas avisa de que a "complexidade" do plan de axuda a empresas pode atrasar os pagamentos

A Fundación de Caixas de Aforros, FUNCAS, advirte sobre o plan de axudas ás empresas aprobado recentemente polo Goberno. Di que a súa complexidade podería atrasar a chegada dos cartos e que a cobertura é reducida. E fan unha comparativa con outros países. En España son 7.000 millóns de axudas directas. Fronte aos 20.400 de Francia. Ou os máis de 50.000 millóns de Alemaña. Tamén explican que neses estados as axudas van dirixidas ao conxunto da economía, mentres que en España están limitadas aos sectores que o Goberno considera máis afectados pola pandemia.


 

Noticias web

30/03/2021