CRTVG

Buscar

Frutas Mavaz pecha os seus establecementos tras a operación antidroga

Publicado o 19/02/2019 21:25

Hai un mes, nunha operación antidroga en Galicia, a policía incautouse de 69 quilos de cocaína nun cargamento de plátanos. Se cadra lembran o caso. Entre os detidos figuraba o dono do almacen, da empresa ourensá Frutas Mavaz, que hoxe está a piques de pechar.

Desde o almacén onde se comisou a droga distribuíase a froita para as 9 tendas que Frutas Mavaz tiña en Ourense. A día de hoxe, tanto o almacén como sete das tendas están pechados, e outra segue aberta pero sen mercadoría que vender. A maior parte dos 26 traballadores quedaron xa sen emprego.

O dono, Manuel Vázquez, continúa preso no cárcere da Lama canda os outros 7 detidos na operación antidroga. A policía conseguira requisar 430 quilos de cocaína nun envío de plátanos desde O Ecuador. 69 deles aquí, no almacén de San Cibrao.


 

Noticias web

19/02/2019