CRTVG

Buscar

Friol custodiará a obra de Labajjo Grandío ata que se pronuncie o xulgado

Publicado o 15/10/2019 12:42
Friol custodiará a obra de Labajjo Grandío ata que se pronuncie o xulgado

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, confirmou que o Concello vaise ocupar de custodiar a obra do pintor Labajjo Grandío, cuxo cadáver foi achado a semana pasada na casa que tiña neste municipio lucense, á espera que de que o xulgado decida que facer cos cadros do artista.

En declaracións aos medios de comunicación, José Ángel Santos precisou que o Concello de Friol "ten todos os cadros" de Labajjo Grandío baixo custodia en "dependencias municipais", "á espera de que a xuíza que leva o caso" lle diga ao Goberno local que "debe facer con elas".

O rexedor local precisou que "segundo informou a Garda Civil son entre 71 e 72 cadros" os que están baixo custodia municipal.

En todo caso, precisou, aínda que as instalacións son de titularidade municipal, da seguridade das dependencias nas que foron depositados os cadros fíxose "cargo a Garda Civil de Friol".

Segundo o rexedor local, da obra poderían facerse cargo, en función da decisión xudicial, "dous fillos e unha filla" do pintor.