CRTVG

Buscar

Freire bota o oceanográfico para Bélxica

Publicado o 11/02/2020 20:05

• A Xunta dedicará 18 millóns a un plan de formación no naval

Con 71 metros de eslora e capacidade para 40 tripulantes, o Bélgica, o barco máis grande dese país, usarase para estudar os océanos ou o cambio climático. Ten un custo de 54 millóns de euros e, segundo o director do estaleiro, Guillermo Freire, é unha mostra do poder tecnolóxico de Europa neste sector que ha de manterse e impulsar.

O presidente da Xunta coincide en que o naval é un sector estratéxico e di que van dedicar 18 millóns de euros a mellorar a cualificación de 5.220 persoas, tanto desempregadas como ocupadas, tal e como se pactara.

"Os cursos centraranse no que pedistes: montaxe, robótica, xestión de produción, inspección, novas tecnoloxías e industria 4.0", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Ese plan de formación aprobarase no Consello da Xunta deste xoves.

Noticias web

11/02/2020