CRTVG

Buscar

Franco Cervi, tras os seus primeiros adestramentos co Celta: "As ideas de Coudet xa as coñezo"

Publicado o 09/07/2021 21:36

Franco Cervi admite o papel fundamental de Coudet na súa chegada ó Celta. Pasou máis dun lustro desde que coincidiran no Rosario Central. Se o técnico evolucionou o xogador terá que actualizarse, iso si, despois da tunda física.

Cervi, RC Celta: " Vivimos unha gran etapa alá na Arxentina. So levamos unha semana e estamos correndo moito. As ideas xa as coñezo pero tamén estiven vendo vídeos do que quere"

Franco Cervi non o pasou ben cando se frustrou o seu traspaso desde o Benfica no pasado mercado de inverno. "Sempre tratei de estar traquilo para non volverme tolo. O que pasou quedou atrás"

A felicidade de Cervi e a súa familia quedou patente na imaxe que grabou o Celta despois da sinatura do contrato. "Sempre de pequeno soñei con xogar na liga de España. Vexo moita calidade nos xogadores que hai aquí"

Non se atreve a falar de obxectivos. Pero con 27 anos o novo estremo zurdo do Celta non ve o momento de empezar a deixar a súa pegada na Liga.

Noticias web

09/07/2021