CRTVG

Buscar

Francisco Iglesias, o veciño de Pontevedra que axudou no rescate dunha muller que estivo a piques de precipitarse dende un terceiro

Publicado o 28/09/2021 15:20

"Ata hai dous días non podía ver case o vídeo, a emoción embargábame e as sensacións eran complexas, internamente facíame un pouco de dano pensar que me podía escapar esa muller", comenta Francisco Iglesias, protagonizou o rescate xunto a un Policía Nacional.

Por sorte, foron quen de atrapala e evitaron unha traxedia. Foron 3 minutos que define moi duros, de moita adrenalina e de traballo en equipo, xunto coa policía. A casualidade fixo que Francisco chegara xusto cando a súa veciña estaba a piques de precipitarse.

"Fun correndo, subín os tres andares do edificio e había un montón de policías intentando derrubar a porta da veciña", di Francisco Iglesias.

Foi cando lles ofreceu acceder polo seu piso. "Chegamos ao cuarto, abriron as ventás e empezaron a falar algo con esta muller e deberon de ter conta que non era fácil acceder a ela desde alí nese momento", manifesta Francisco.

Así que marcharon para buscar outra solución, pero un dos axentes quedou con Francisco e logrou agarrala, un feito que precipitou o rescate. 

Noticias web

28/09/2021