Francisco Conde asegura que Galicia está preparada para afrontar novos retos na industria aeroespacial
Publicado o 06/07/2021 15:13

Francisco Conde asegurou esta mañá que Galicia está preparada para afrontar novos retos na industria aeroespacial. Díxoo durante a visita ás instalacións da empresa Centum, en Vigo, unha das participantes nos proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia. A Xunta vai destinar á industria aeroespacial galega 70 millóns de euros, unha cifra que podería chegar aos 540 millóns se o Goberno Central apoia a candidatura galega aos fondos Next Generation.