CRTVG

Buscar

Francisco Conde: "A transición enerxética ten que ser planificada e xusta"

Publicado o 02/10/2019 11:06

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defende "unha posición construtiva, pero firme, porque temos que defender 750 familias, pero sobre todo unha posición de país que está de acordo cunha transición enerxética, pero que ten que ser planificada e xusta".

"Nestes momentos hai unha responsabilidade do Goberno de España para manter unha folla de ruta que estaba establecida, que era manter aquelas centrais que cumpriran cos requisitos de emisións, que fixeran uns investimentos, puideran manter a actividade. Temos unha planta, nas Pontes, que cumple eses requisitos", asegura Conde.

Respecto ás propostas que xorden agora, o conselleiro cre que "cando se fala doutras alternativas hai que ser realistas, porque estaríamos xerando falsas expectativas. Non é posible manter a central das Pontes con biomasa forestal. Hai que investigar, hai que facer probas con outro tipo de biocombustibles, pero temos que ter marxe".

"O que non pode ser que a transición parta da ruptura e se faga coa xente no paro", di con rotundidade Francisco Conde, "a Xunta vai impulsar proxectos de innovación e colaborar coas empresas, pero temos que ser realistas, manter os postos de traballo e buscar solucións en paralelo".