CRTVG

Buscar

Francia quere retirar a obriga de levar máscara en exteriores o 1 de xullo

Publicado o 14/06/2021 11:12

Francia quere retirar a obriga de levar máscara na rúa para o un de xullo. Van seguir os pasos dos veciños belgas e o ministro de Sanidade do país quere que en 15 días levar máscara no exterior non sexa obrigatorio no país. O ministro dixo que esta decisión vén avalada polos bos datos da pandemia e a marcha da campaña de vacinación. 

Quen non ten tan bos datos é o Reino Unido, o país non continuará coa súa desescalada planeada para o 21 de xuño. Para daquela tiñan pensado eliminar a distancia social, abrir discotecas e celebrar eventos sen ocupacións limitadas. Din que non poden pasar a esa fase por causa da cepa delta, que deixa cada vez máis infectados. O adiamento duns 20 días será votado no Parlamento en breve.

Noticias web

14/06/2021