CRTVG

Buscar

Francia confirma que comezará un desconfinamiento progresivo o 3 de maio

Publicado o 22/04/2021 18:44
Francia confirma que comezará un desconfinamiento progresivo o 3 de maio

Francia empezará de forma gradual a levantar as restricións contra a pandemia para partir do 3 de maio, data en que se pon fin á limitación de desprazarse fóra dun radio de dez quilómetros desde o domicilio, anunciou este xoves o primeiro ministro, Jean Castex.

O calendario, que mantén o toque de queda ás 19.00, axústase ás previsións feitas o 31 de marzo polo presidente, Emmanuel Macron, e contempla tamén a volta presencial ás clases o vindeiro luns para os alumnos de infantil e de primaria e o 3 de maio para os de secundaria. "Parece que pasamos o pico da terceira onda", dixo Castex nunha conferencia de prensa en que detallou que a cifra diaria de contagios roza os 30.000 casos e que o seu descenso é dúas veces máis lento que nas ondas anteriores debido á variante británica, máis contaxiosa. 

Noticias web

22/04/2021