Francia adianta a fin da máscara nos exteriores a este mesmo xoves
Publicado o 16/06/2021 19:28

En Francia acabáronse as máscaras pola rúa. O Goberno francés anunciou que a partir de mañá xa non será obrigatorio usalas en exteriores, a non ser que non se poida gardar unha distancia mínima de seguridade. Si que se seguirán usando as máscaras nos espazos interiores. As autoridades sanitarias francesas din que a situación epidemiolóxica avanza mellor do agardado e que o ritmo de vacinación tamén é bo, polo que se pode tomar a decisión con tranquilidade.
O toque de queda termina antes do programado, o próximo 20 de xuño.