CRTVG

Buscar

Fran Vieites será o porteiro titular do Lugo logo da fractura nun dedo de Whalley

Publicado o 18/09/2021 09:42

E na Segunda División, o Lugo viaxa a Cartaxena con ánimos renovados tras a vitoria ante o Huesca o luns pasado. O gardameta Oscar Whalley, cunha fractura nun dedo da man, é baixa para o encontro. A lesión produciuse no último adestramento da semana. O seu posto ocuparao Fran Vieites, que chegou a temporada pasada procedente do Celta B e estréase así nun partido oficial co Lugo.



 

Noticias web

18/09/2021