Fran Hervías abandona Ciudadanos por consideralo unha "muleta máis do sanchismo" e pasa ao PP
Publicado o 14/03/2021 12:54
En Ciudadanos produciuse un abandono significativo esta fin de semana. Trátase de Fran Hervías, que foi secretario de Organizacoón da formación laranxa con Albert Rivera e agora pasa ao PP.
Hervías deixa a acta de senador e abandona Ciudadanos sinalando que esta formación política é agora "unha muleta máis do sanchismo". No seu comunicado lanza unha dura crítica ao Goberno e cualifícao como "unha banda, cuxo único obxectivo é aniquilar o marco constitucional".
Indica tamén que se pasa ao Partido Popular, porque "é o único proxecto que lle pode gañar a Pedro Sánchez".