Fran Escribá: "O Barcelona vai vir gañar"
Hoxe é tres de maio. Hoxe está de aniversario Fran Escribá, e o adestrador do Celta pide de regalo a salvación. A salvación pasa polo partido de mañá en Balaídos co Barcelona. Escribá ten a todos a disposición. E prefire que non veña Messi.
E non só Messi. Escribá agarda un Barcelona sen moitos dos titulares habituais.
E mentres estuda as teclas que debe tocar para lograr a vitoria fronte ao Barça, bota contas para a salvación.
E salientou tamén a fortaleza do equipo en Balaídos. Se gaña mañá encadaría catro vitorias consecutivas na casa.
E que Barcelona actuará en Vigo? O campión de liga pasa por Balaídos antes de ir a Anfield. Xogará sen as súas estrelas. É o momento de Murillo, Vermaelen, o canteir án Ricki Puig, Boateng, Aleñá ou Dembelé. E Dembelé, porque está fóra de forma.