CRTVG

Buscar

Fran Escribá: "Imos a Sevilla coa idea de gañar"

Publicado o 26/08/2019 21:32

O Celta xa prepara a súa visita ao campo do líder, o Sevilla. Será a primeira saída da temporada, este venres, contra un equipo que foi intratable nos dous primeiros encontros. O Celta viaxará a Sevilla coa confianza que dá a vitoria deste sábado, en que foron superiores e deixaron a portería a cero. A vitoria contra o Valencia deulle ao Celta máis ca tres puntos.

De entrada o Celta afastou a pantasma dun posible comezo de liga en branco. O venres vai visitar o líder, Sevilla, con moita confianza.

A portería de Rubén quedou a cero, cando se temía o Celta xeneroso de sempre, vistos os tres goles recibidos ante o Real Madrid.

O Toro Fernández marcou cun remate de crack precisamente ante Maxi Gómez, como para demostrar que foi un acerto o recambio de dianteiros uruguaios. Tamén lle mete presión a Santi Mina.

O rendemento do Toro pero tamén a boa estrea do central Aidoo, a confirmación de Kevin Váquez... E xa menos sorprendente o recital de Denis Suárez. E outro triunfo para a canteira. Foron 8 os que participaron na primeira vitoria da temporada.

Noticias web

26/08/2019