CRTVG

Buscar

Fran Beltrán: "Non hai ansiedade por xogar en Balaídos, a vitoria chegará"

Publicado o 24/09/2021 14:50

No Celta hai unha debeda coa afección. Porque desde que volveu o publico a Balaídos o Celta non gaña. Fran Beltrán, titular o luns no Cidade de Valencia, asumeo como un reto: "Recibín a titularidade con moita ledicia. Tamén é certo que Tapia e máis eu temos que coller un pouco o ritmo".

Entende que con publico o Celta terá un mellor rendemento e que despois da primeira vitorias virá unha racha imparable.

"Non hai ansiedade por xogar en Balaídos. A vitoria chegará, é cuestión de tempo", comentou o madrileño en conferencia de prensa.

Noticias web

24/09/2021