Fracasa o intento para remolcar o pesqueiro encallado en Foz
Dous pesqueiros tentaron remolcar o Virxen dos Milagros, encallado tres millas ao sur de Burela, pero "non conseguiron sacalo". Segundo informa Salvamento Marítimo a Europa Press, tras fracasar o intento deste xoves, o armador presentará un plan para volver probar este venres.
Nestes traballos estiveron presentes a Salvamar Alioth e a lancha Saturno da Cruz Vermella. Polo momento, non hai constancia de contaminación mariña na zona.
Dez tripulantes do Virxen dos Milagros foron rescatados na madrugada deste xoves despois de que o barco queda varado nunha zona rochosa chamada Porto de Nois, no municipio de Foz. Oito dos tripulantes foron levados polo pesqueiro A costa de Lugo ata o peirao da fábrica de xeo de Burela, mentres que os outros dous (patrón e mecánico) necesitaron a asistencia do helicóptero Pesca 2. Todos se atopan ben de saúde.