Foz despide o verán cunha festa normanda
Publicado o 31/08/2019 21:37
Foz viaxa no tempo esta fin de semana á epoca en que os pobos do norte querían invadir o lugar para facerse coas riqueza da zona. Desde hai nove anos rememórase cunha festa normanda a lenda do bispo santo.
A festa vívese especialmente no peirao, onde hai atraccións para os pequenos e un mercado con material do máis variado.
O campamento normando representa o día a día dos viquingos. A festa normanda serve para despedir o verán nunha localidade entregada ao visitante e na que se implican os veciños.
O prato forte foi o desembarco dos viquingos, que saíron derrotados e esta noite será o seu enterro.